O Concello de Oroso informa á veciñanza do comezo das obras para facer unha nova senda, que conectará Oroso Pequeno co parque fluvial do río Carboeiro. Os traballos comezaron hai uns días e a senda estará lista na primavera. O orzamento da actuación ronda os 160.000 euros.
A senda, de 1.450 metros, dará resposta a unha demanda veciñal, mellorando a seguridade viaria, a comunicación co centro e a mobilidade urbana, tal e como está recollido no Pacto de Alcaldes polo Clima (Paces).
“É un proxecto que tiñamos moitas ganas de facer, polo tránsito de peóns que hai nesta zona e polo patrimonio natural do percorrido da senda”, asegura o alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira.
Ademais, a senda transcurre por un tramo do Camiño Inglés a Compostela, polo que aumentarán os servizos que reciben os peregrinos que pasan por Oroso.
Con esta iniciativa, o grupo de goberno da un paso más no seu plan integral para mellorar a seguridade viaria nas parroquias cunha rede de sendas peonís.
Comments