top of page

Unión por Ordes acorda a súa disolución



Unión por Ordes anunciou onte a súa disolución como partido, logo de convocar a semana pasada unha reunión na cal o seu representante legal Manuel Regos manifestou esta intención. Os tres edís da formación (Manuel Iglesias, Marcos Fernández e Aitor Ribadas) pasarán a ser non adscritos no Concello de Ordes.


Unión por Ordes creouse no 2007 co propósito de crear unha alternativa política ás existentes naquel momento no concello. Despois de 8 anos de goberno e 6 anos na oposición, entenden que "é necesario cerrar un ciclo e empezar unha nova etapa".


Comments


bottom of page