
A preocupación pola posibilidade de incendios forestais chegou ao pleno de Ordes. Unión por ordes instou ao Concello, no pleno de setembro, a proceder á revisión das leiras de titularidade municipal e a proceder á limpeza e mantemento periódico das mesmas. Fíxoo logo de ter constancia da situación dunha leira de titularidade municipal situada detrás do campo de fútbol do Mesón do Vento, que se atopaba invadida pola maleza. Dende Unión por Ordes recordan que os incendios se propagan "con máis facilidade e virulencia ao encontrarse con leiras cheas de maleza" e que o feito de non limpar os terreos "dificulta en grande medida os labores de extinción e moitas veces supoñen un perigo pola súa proximidade a núcleos de poboación".
Kommentare