top of page

Vandalismo machista en Oroso contra as siluetas en contra da violencia de xénero



O Concello de Oroso alertou hoxe de que durante esta semana foron estragadas algunhas das siluetas instaladas en diferentes puntos da localidade con mensaxes contra a violencia de xénero. Estes elementos foron obxecto de agresións antifeministas e apareceron sen cabezas, brazos e pernas, ou mesmo penduradas de árbores. Este mesmo tipo de comportamentos téñense visto tamén noutras campañas en defensa da muller, polo que van máis aló de simples actos vandálicos, denuncian dende o Concello.



O persoal do Concello recolleu todas as siluetas danadas, pero o Concello deixa claro que desde a Concellaría de Mulleres, Ensino, Benestar Social e Normalización Lingüística "seguiremos traballando para eliminar dunha vez por todas calquera comportamento machista do noso municipio". "En pleno século XXI non podemos tolerar estes actos contra as mulleres e contra os movementos que buscan a igualdade de xénero e a erradicación da violencia machista", continúan, engadindo que "evitalo está nas mans de todos".





Komentarze


bottom of page