Varias ducias de veciñas e veciños de Frades percorren o Camiño Inglés
- Crónicas da comarca
- 14 feb 2022
- 1 Min. de lectura

Un total de 37 veciños e veciñas de Frades percorreron, convocados polo Concello, a primeira etapa do Camiño Inglés o pasado sábado entre a casa consitorial e o porto de Curuxeiras, en Ferrol. Na cidade departamental visitaron algúns monumentos para, despois, realizar unha andaina de 15 quilómetros ata o municipio de Neda, onde os recolleu o autobús de volta a casa.
A próxima cita (Neda-Pontedeume) terá lugar o sábado 12 de marzo. O prezo mantense nos 10 euros por persoa e etapa (as persoas participantes poderán elixir se levan a comida para o camiño ou xantan nalgún restaurante da zona por conta propia).
As inscricións poden efectuarse no Concello de Frades ou chamando ao 981 695 567.
Comments