Vertido no río Tambre tras a rotura da balsa de áridos dunha canteira en Frades
- Crónicas da comarca
- 4 abr 2023
- 1 Min. de lectura

O 112 Galicia alertou hoxe da activación de mecanismos de protección debidos á rotura dunha balsa de áridos dunha canteira que chegou ao Tambre ao paso por Frades. Técnicos de Augas de Galicia detectaron turbidez nas augas e chamaron arredor das 10:10h da mañá ao 112.
A continuación, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias procederon a informar aos concellos de Frades, O Pino, Oroso, Santiago, Trazo, Val do Dubra, Ames, A Baña, Negreira, Brión, Noia e Outes, que realizan captacións de auga no río afectado. Deste xeito, poderán tomar as medidas de prevención e realizar as comprobacións necesarias para garantir unha segura e correcta subministración de auga á cidadanía.
Comments