Visita guiada ao Castelo de Mesía o sábado 3
- Crónicas da comarca
- 28 nov 2022
- 1 Min. de lectura

O vindeiro sábado 3 de decembro terá lugar unha visita guiada e comentada á escavación arqueolóxica do Castelo de Mesía. A actividade contará coa presenza dos responsables da escavación do pasado verán, a Sociedade Cooperativa Galega Árbore, de arqueoloxía e restauración, organizadora da visita xunto co Concello.
As persoas interesadas só teñen que achegarse á Taberna da Pobra ás 11:30h do sábado, informan dende o Concello.
Comments