Como nos últimos anos, o SNL da Mancomunidade de Ordes está impartindo un obradoiro de lingua galega durante os meses do verán (xullo-agosto), para nenos e nenas dos primeiros cursos de primaria, mediante a interacción con eles e elas a través dunha actividade tipo xincana lingüística, de xeito lúdico e educativo. O obxectivo xeral é estimular nas xeracións máis novas actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado do galego, mentres os rapaces e rapazas fan unha actividade lúdica divertida.
A xincana consta de varias partes como son a carreira de obstáculos, a carreira de remudas por parellas ou o pasa a bóla e golpea ou pilates. Frades foi a semana pasada a primeira parada da actividade.
Comentarios