
A Biblioteca Municipal de Ordes deu comezo a unha nova tempada das súas Tardes de contos e lendas á volta do verán. A primeira sesión, celebrada nos baixos da alameda, foi 'Lúa quere viaxar a Marte', da compañía A Xanela do Maxín. Unha historia de igualdade para nenos e nenas de 5 a 6 anos onde se demostra que homes e mulleres teñen iguais capacidades á hora de perseguir os seus soños mesmo ata o espazo exterior.
A actividade forma parte do programa municipal 'Ler conta moito', orientado a dinamizar a lectura.
Comments