top of page

Xa poden comunicarse as cachelas de San Xoán en Cerceda



O día 1 de xuño de 2023 ábrese o prazo para facer as comunicacións para a celebración de San Xoán en Cerceda, segundo informou hoxe o Concello. Estas poderanse enviar por correo electrónico a medio.natural@cerceda.es ou chamando por teléfono ao Concello (881.04.67.76). O prazo remata o 21 de xuño.


No Concello, unicamente se recollen solicitudes para a noite de San Xoán o 23 de xuño, fóra desa data deberán solicitar permiso de queima chamando ao 012.

Comments


bottom of page