A Asociación Andaina Pro Saúde Mental convoca unha xornada de portass abertas para o martes 24 de outubro a partir das 17:30h no seu Centro de Rehabilitación en Ordes, co gallo do Día da Saúde Mental. A asociación procurará así dar a coñecer o seu labor na comarca.
A programación incluirá información sobre actividades da asociación en primeira persoa, ademais da proxección dun vídeo onde diversos persoeiros da comarca amosarán o seu apoio á saúde mental. Do mesmo modo, lerase un manifesto.
Ao remate haberá un aperitivo, sorteos de lotes de produtos da entidade ou cedidos por outras entidades e establecementos da zona, e un peche musical coa A.C. Camiño Real de Poulo.
O local de Andaina atópase no número 14 baixo da Rúa Emilia Pardo Bazán de Ordes. Pódese confirmar asistencia á xornada no 981 076 405 ou no 613 071 703.
Comments