O vindeiro sábado 23 de outubro, Tejas Verea celebra unha xornada de portas abertas con entrada solidaria, na que as persoas visitantes poderán coñecer as súas instalacións para ver a restauración medioambiental da canteira Frades 1, orixe da fábrica. A través da choiva e distintas especies herbáceas, o lugar transformouse nun humedal con ecosistema de seu.
Ademais, explicarase con demostración como se fabrica unha tella.
Os horarios da visita serán de 11h a 13h e de 16h a 18:30h, cunha duración de trinta minutos. A entrada será a entrega dun quilogramo de alimentos non perecedoiros, que se doarán ao programa de alimentos do Concello de Mesía.
As prazas son limitadas e poden solicitarse nesta ligazón, ou no teléfono 981 68 70 53 ou correo info@tejasverea.com.
Comments