top of page

Xornadas contra as doenzas do castiñeiro en Cerceda



O Concello de Cerceda anunciou a celebración das xornadas formativas “A loita contra as doenzas do castiñeiro”, dirixida a produtores en activo, persoas que pretendan iniciar unha actividade agraria ou desempregados na busca dunha incorporación ao mercado laboral por conta allea en empresas do sector primario.


A xornada será impartida polo Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós (Ourense) no Auditorio do Viveiro de Empresas de Cerceda. Será o xoves 2 de xullo, entre as 10 e as 14 h.


As inscricións levaranse a cabo no 88 86 41 22 ou medio.natural@cerceda.es.

Comments


bottom of page