Xornadas sobre axudas para empresas e autónomos en Cerceda
- Crónicas da comarca
- 8 feb 2022
- 1 Min. de lectura

O Concello de Cerceda albergará xornadas sobre axudas e subvencións para empresas e persoas autónomas. A formación terá lugar o vindeiro 16 de febreiro no viveiro industrial de empresas do Concello de Cerceda.
Será completamente de balde e as persoas interesadas en acudir poderán inscribirse chamando ao 881 981 553 de 08:00 a 21:00 horas ou enviando un correo electrónico a viecerceda@gmail.com.
Comments