top of page

Xornadas sobre Instagram para autónomos e empresas en Cerceda



O Concello de Cerceda anunciou a oferta dunhas xornadas gratuítas dirixidas a persoas autónomas e empresas que organiza a Cámara de Comercio da Coruña en colaboración co Concello. O tema central destas xornadas será como vender máis con Instagram. Celebraranse o 25 e o 27 de outubro entre as 20 e as 22h no Viveiro Industrial de Empresas do Concello de Cerceda (Rúa Innovación, s/n - Polígono Industrial do Acevedo).


As inscricións poden facerse no 981 68 50 01 (ext9) entre as 8 e as 15h ou no 881 981 553 de 8 a 21h.



Comments


bottom of page