Xuntanza de traballo entre a Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Catedral de Santiago
- Crónicas da comarca
- 11 mar 2022
- 1 Min. de lectura

O presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás Franqueira, e o Deán da Catedral de Santiago, José Fernández Lago, mantiveron unha xuntanza de traballo xusto co obxecto de estreitar lazos entre as catedrais de Durham e Compostela. Co mesmo obxectivo, en breve terá lugar unha viaxe dunha delegación da Asociación de Concellos do Camiño Inglés a Inglaterra.
O presidente da Asociación, Manuel Mirás, sinala que con esta xuntanza se buscaba avaliar "a posibilidade de estreitar lazos de comunicación e amizade entre as persoas responsables da Catedral de Santiago e os seus homólogos da Catedral de Durham". Esta última sitúase no condado inglés do mesmo nome. Mirás sinala que a Asociación procura reforzar a relación entre a orixe do Camiño Inglés e o final da ruta Xacobea.
Por outra banda, Mirás aproveitou para trasladar varias problemáticas detectadas nunha recente enquisa entre os peregrinos. A primeira, a incapacidade do Camiño para aloxar grandes grupos que seguirán a vía inglesa durante este ano Santo e na Peregrinación Europea Xuvenil. A segunda, a necesidade de manter abertas as igrexas que se atopan no percorrido do Camiño Inglés, facilitando as visitas dos peregrinos.
Comments