top of page

'Xuntos somos máis' no comercio de Tordoia


O Concello de Tordoia pon en marcha este sábado, 21 de novembro, a campaña #XuntosSomosMáisNoComercioLocal. Esta iniciativa procura revitalizar o comercio e as empresas locais na crise económica derivada da sanitaria que está a desenvolverse. Para o Goberno local, "mercar e consumir en Tordoia é a mellor maneira de botarlle unha man entre todos e todas".

Ata 34 establecementos se adheriron de momento, identificados grazas ao cartel da campaña. Para participar, os clientes deben facer unha compra igual ou superior a 10 euros nun establecemento asociado, que lles selará un cartón recortado do folleto da campaña. Cando consigan seis selos en establecementos distintos, deberán cubrir o cartón cos seus datos e introducilos nunha das urnas habilitadas nas tendas que colaboran.

Pódese participar ata o 30 de xaneiro. !!

Comments


bottom of page