35 orosáns competiron con xogadores de Galicia e de fóra no I Torneo Internacional de Xadrez Concello de Oroso
- Crónicas da comarca
- 9 sept
- 2 Min. de lectura

O sábado día 6 de setembro tivo lugar o I Torneo Internacional de Xadrez Concello de Oroso desputado no Pavillón Polideportivo Juanito Amigo de Sigüeiro.
Facía tempo que no Club Xadrez Oroso tiñan gañas de facer un torneo de alto nivel no noso concello e acorde con alto nivel que tamén teñen os nosos xogadores e xogadoras.
E este sábado acadámolo. Non só pola elevada participación (máis de 120 inscrit@s) senón, sobre todo, polo elevado nivel da maioría dos participantes.
Moit@s mestres titulados, moitos xogadores de máis de 2000 puntos de ELO internacional, moitos campións/as galegos, etc.
Pero, por enriba de todo iso, "quedámonos coa nosa marea verde, que estivo fantásticamente representada por nada menos que 35 compañeiros/as", indica o club nunha nota informativa.
Todos "desfrutando e aprendendo con amigos chegados de toda Galicia e de fora dela mos de xeito notable a todos eses cracks da marea verde que tamén fixeron un gran traballo: Agustín, Mateo C., Simón, Lemis, Christian, Laura, Diego C., José Manuel, José A., Hugo F., David, Pedro, Bieito, Yerai, Carlos, Samuel R., Martín G., Paula, Noé, Andrés, Miguel, Rubén, Tiago, Telmo, Roque, Silvia, Laura, Yoel, Breo, Leo, Alberto, Breogán e Lucas.
Agradecementos ó concello de Oroso (Alex, Carlos, Bea e Genma) por colaborar para que todo este despliegue fose posible e que todo saise perfecto.
O lub de Xadrez agradeceu "ós nosos reporteiros Héctor e Cristina por esas magníficas fotos" e, de xeito especial, Agradecemento especial a esas nais e pais que cada semana apoian ós seus fillos/as para que poidan desfrutar da actividade de xadrez e que tamén colaboraron en toda a loxística deste evento.
E finalmente a nota dos e das xadrecistas dedicaron "un millón de gracias a todos os amigos e amigas do Club Xadrez Oroso que viñeron a participar neste gran torneo dende diversas partes do mundo".




Comentarios