top of page
Buscar


Veciños e veciñas de Frades celebran unha primeira Festa Pre Fin de Ano
Algo máis de trinta veciños e veciñas participaron na primeira Festa Pre Fin de Ano organizada polo Concello de Frades. O centro sociocomunitario de Ponte Carreira acolleu na tarde do domingo 28 unha das súas tradicionais “Tardes de Baile” con música en directo e que foi aproveitada para realizar unha Festa Prebadaladas. A festa comezou ás 19:00 horas cunha sesión de baile coa música en directo do “Trío Reynamar”, que deu paso a unha chocolatada e unha Festa Prebadaladas na
29 dic 20251 Min. de lectura


A Deputación e o Concello de Tordoia renovan o acordo para garantir a protección do dolmen de Cabaleiros e a atención ás visitas
A Deputación da Coruña vén de renovar co Concello de Tordoia o convenio de colaboración para a xestión integral e a atención de visitantes do dolmen de Cabaleiros, un dos principais elementos do patrimonio megalítico da comarca de Ordes “e unha das antas mellor conservadas de toda Galiza”, subliñou o deputado de Patrimonio e Contratación, Xosé Luís Penas. Asemade, destacou que este acordo “garante a continuidade do servizo durante o ano 2026 e reafirma o noso compromiso coa p
26 dic 20252 Min. de lectura


María José Gómez anima aos concellos a adherirse ao convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias
A Conselleira de Medio Rural, María José Gómez María José Gómez destacou as vantaxes que presenta este sistema e instou aos municipios adheridos ao abeiro do anterior convenio a que volvan facelo, ao tempo que alentou a sumarse a esta iniciativa aos que ata o de agora non formaron parte dela. Poderán facelo a partir do día 29 de decembro, cando o convenio sala publicado no Diario Oficial de Galicia. A prevención é unha tarefa “de todos”, compartida tanto por administracións
23 dic 20252 Min. de lectura


BELÉN DO CAMPO VISITA FRADES PARA SUPERVISAR AS OBRAS DE RECUPERACIÓN DO AZUDE DO RÍO TAMBRE
A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada pola directora territorial da Consellería de Medio Ambiente, Pilar Arias e polo alcalde de Frades, Roberto Rey, visitou o Concello de Frades para supervisar as obras recentemente finalizadas de recuperación do azude do río Tambre, na área recreativa da Presa. A actuación foi posible grazas a un convenio de colaboración polo que a Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, destinou preto de 50.000 euros á mellora deste el
11 dic 20252 Min. de lectura


A Deputación da Coruña presentou o libro “Dez anos abrindo camiño: A Deputación da Coruña e o rexurdir do Camiño Inglés (2015-2025)”
Presentación do LIbro “Dez anos abrindo camiño: A Deputación da Coruña e o rexurdir do Camiño Inglés (2015-2025)”. De esquerda a dereita Leira, Regueira e Ramírez A Biblioteca Provincial acolleu na tarde do pasado mércores, 10 de decembro, a presentación do libro “Dez anos abrindo camiño: A Deputación da Coruña e o rexurdir do Camiño Inglés (2015-2025)” , unha obra que recolle a evolución, as accións e o impacto do labor desenvolvido pola Deputación da Coruña na recuperación
11 dic 20252 Min. de lectura


A Deputación da Coruña investiu este ano máis de 1,4 millóns no concello de Oroso grazas ao Plan Único
A deputada provincial de Plans Provinciais e Asistencia a Concellos, Cristina García Rey, visitou este xoves, 27 de novembro, o concello de Oroso para comprobar o resultado da nova ponte sobre o río Carboeiro. Esta actuación, rematada este mes de novembro, recibiu un financiamento de algo máis de 80.000 euros da Deputación da Coruña, ao abeiro do Plan Único. A obra consistiu na substitución da antiga ponte por unha infraestrutura máis moderna, segura e adaptada ás necesidades
30 nov 20252 Min. de lectura


A Deputación da Coruña aproba as bases do POS+2026, cun orzamento inicial de 88 millóns de euros
A A Deputación da Coruña aprobou por unanimidade do pleno as bases do Plan Único (POS+) 2026, que arrinca cun orzamento inicial de 88 millóns de euros e consolida á institución como o motor inversor dos concellos da provincia. O presidente, Valentín González Formoso, destacou que este modelo, recoñecido polos propios alcaldes e alcaldesas como imprescindible, garante que todos os municipios dispoñan de recursos suficientes para seguir financiando obras, servizos públicos e p
30 nov 20252 Min. de lectura


Frades pídelle unha subvención nominativa á Deputación para mellorar a seguridade viaria en Os Canedos (Mesos) e O Pazo (Abellá)
O Pleno municipal de Frades aprobou por unanimidade solicitarlle unha subvención nominativa á Deputación Provincial da Coruña para executar un proxecto de mellora da seguridade viaria en Os Canedos (Mesos) e O Pazo (Abellá). Un proxecto orzamentado en 146.650 euro, dos que o Concello de Frades solicita unha achega do 80% (117.000 euros). O alcalde de Frades, Roberto Rey, explica que “trátase de construír sendas peonís ou cunetas transitables nos accesos ás distintas igrexas
30 nov 20251 Min. de lectura


A gandeira María Ferreiro Santos, escollida nova Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego
O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) vén de celebrar o seu XI Congreso no Auditorio de Lalín , baixo o lema Fortalecendo o SLG para unha Galiza labrega con futuro . Unha xornada fundamental para a organización na que se definiu o porvir dos vindeiros catro anos e á que asistiron arredor de 400 persoas delegadas e convidadas . Cambios na Secretaría Xeral, creación da Secretaría da Acción Sindical, necesidade de organización comarcal, afán de colectividade,
30 nov 20255 Min. de lectura


A Deputación da Coruña aproba o maior orzamento da súa historia cun forte impulso aos concellos, ás políticas sociais e ao emprego
A Deputación da Coruña aprobouo no pleno do pasado día 21 o Orzamento 2026, que ascende a 256,5 millóns de euros, a cifra máis alta da historia da institución. As contas foron aprobadas cos votos favorables de PsdeG-PSOE, BNG e Alternativa dos Veciños e a absteción do PP. Este orzamento consolida o modelo municipalista iniciado en 2015 e reforzan o apoio directo aos 93 concellos da provincia, o benestar social, a seguridade viaria, o emprego e os servizos públicos. O deputado
22 nov 20254 Min. de lectura


A Deputación impulsa o tramo sur do Camiño Inglés e inaugura mouteiras en Reading e Winchester
Mouteira de Reading Os deputados provinciais Antonio Leira e Bernardo Fernández, presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, inauguraron esta semana dúas novas mouteiras nas cidades británicas de Reading e Winchester, integradas no tramo sur do Camiño Inglés a Santiago. Nos actos estiveron acompañados polo presidente de honra da asociación, Manuel Mirás, e pola presidenta e secretaria da entidade que agrupa aos concellos do Camiño Fisterra-Muxía, Luisa Rodríguez e
20 nov 20252 Min. de lectura


A XUNTA E O CONCELLO DE FRADES COLABORAN NA MELLORA DE INFRAESTRUTURAS RURAIS
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión co alcalde do concello coruñés de Frades, Roberto Rey, para afondar na súa colaboración en temas como a mellora de infraestruturas rurais e de mobilización de terras. Neste sentido, a directora xeral e o rexedor avaliaron as posibilidades de cooperación en proxectos que melloren a accesibilidade nos núcleos de poboación, así como as oportunidades que brinda o Banco de Terr
20 nov 20251 Min. de lectura


Lidia Cao estrea no CPI de Xanceda a terceira edición do DesOrdes Xeodestino Mural
A Mancomunidade de Ordes suma xa un novo mural ao seu extenso catálogo de arte urbano logo de que a aclamada ilustradora Lidia Cao dera por rematado o primeiro dos muráis programados baixo a terceira edición da iniciativa Desordes Xeodestino Mural. Deste xeito, o CPI de Xanceda, en Mesía, loce nunha das súas fachadas exteriores un mural que versa sobre a importancia de recoñecer e valorar as raíces que nos vinculan ao territorio rural. A figura central, representada nun i
20 nov 20251 Min. de lectura


Sol Agra aboga por cambiar as leis para que non prescriban os delitos sexuais contra a infancia
A deputada de Igualdade, Sol Agra, participou este xoves na Casa Xohana Torres, en Santiago, nun videofórum ao redor do documental ‘O próximo baile será comigo’. Este traballo, dirixido por Sabela Losada Cortizas, foi recoñecido na edición 2024 do Premio Luísa Villalta, certame promovido pola Deputación para impulsar proxectos pola igualdade. Na súa intervención, a deputada explicou que ‘O próximo baile será comigo' “recibiu a maior puntuación das 34 propostas presentadas, se
20 nov 20252 Min. de lectura


A Deputación abre o prazo para solicitar as axudas PEL 2026: 8,6 millóns de euros para pemes, microempresas e autónomos
A Deputación da Coruña abre mañá sábado, 15 de novembro, ás 9.00 horas, o prazo para solicitar as axudas do Plan de Emprego Local (PEL 2026), unha convocatoria dotada con 8.660.000 euros destinada a apoiar a contratación de persoal, a realización de novos investimentos e a cubrir os custos das cotas á Seguridade Social e dos alugueiros de locais e centros de traballo das persoas profesionais autónomas. O prazo permanecerá aberto ata o 16 de decembro ás 14.00 horas e a tramita
14 nov 20254 Min. de lectura


O Concello de Tordoia inicia en novembro as entregas de composteiros e as sesións formativas de compostaxe doméstica
O Concello de Tordoia anuncia o inicio da nova campaña de compostaxe doméstica, coa que busca fomentar a correcta xestión dos biorresiduos nos fogares e promover prácticas máis sostibles no municipio. A primeira entrega de composteiros terá lugar o luns 24 de novembro ás 12:00 h no Salón de Plenos, nunha sesión informativa na que as persoas participantes recibirán formación básica para comezar a compostar no seu fogar. Esta iniciativa permitirá que os veciños e veciñas con pe
14 nov 20251 Min. de lectura


Ordes e Oroso lideran as vendas do programa da Deputación MercaNaVila na comarca de Santiago
MercaNaVila é un programa da Deputación da Coruña e conta cun orzamento total de 6 millóns de euros , destinados a impulsar as vendas nos pequenos establecementos e fomentar o consumo nos núcleos rurais e urbanos de menor tamaño , contribuíndo así a fixar poboación e emprego . A campaña permite que calquera persoa poida descargar os bonos , con independencia do seu lugar de residencia. Non é preciso vivir nun concello pequeno: os bonos poden descargarse tamén dende as cidade
30 oct 20252 Min. de lectura


Rueda supervisa o inicio da vacinación intranasal fronte á gripe a rapaces de 3 a 11 anos no Camiño Inglés de Oroso
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, supervisou a posta en marcha dun programa piloto de vacinación infantil contra a gripe por vía intranasal nos colexios co que o Executivo autonómico busca chegar a 19.000 rapaces de entre 3 e 11 anos. Rueda, acompañado do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez e o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, asistiu ao inicio da campaña de vacinación no CEIP Camiño Inglés de Sigüeiro (Oroso). Trátase d
13 oct 20251 Min. de lectura


O Plan Único da Deputación da Coruña acada os 138 millóns de euros e consolídase como o maior plan de investimento municipal de Galicia
O pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade un investimento adicional de 22 millóns de euros para o Plan Único (POS+2025), que acada así os 138 millóns de euros , consolidándose como o maior plan de cooperación municipal de Galicia e un dos máis ambiciosos do Estado. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso , destacou que esta nova achega “ bate un novo récord histórico de investimento nos concellos e confirma o compromiso firme da Deputación c
3 oct 20253 Min. de lectura


Unanimidade do Pleno de Frades para volver instar ao Goberno a arranxar a N-634 en Ponte Carreira e nas vías de servizo, os accesos á Central de Frades e a ponte vella sobre o Tambre
Unanimidade do Pleno de Frades á hora de volver solicitarlle á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, entidade dependente do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, o arranxo dos numerosos problemas de seguridade viaria que presenta a N-634 ao seu paso polo concello de Frades. Unha petición fundamentada nun informe da arquitecta municipal que denuncia que “o estado da estrada N-634, no seu paso polo Concello de Frades, no tramo urbano de Ponte Carreira prese
29 sept 20253 Min. de lectura
bottom of page
