368.000€ AOS CONCELLOS DA MANCOMUNIDADE DE ORDES PARA APOIAR AOS CIM
- Crónicas da comarca
- hace 20 horas
- 2 Min. de lectura

A delegada da Xunta, Belén do Campo, xunto á directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, o alcalde de Ordes, José Luis Martínez, a alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez ,e o alcalde de Oroso, Alex Doval, visitaron o Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Ordes, Susana García, para informar da resolución da convocatoria de axudas concedidas aos concellos, de máis de 12,2 millóns de euros, cun 12% máis de orzamento que en 2024, a través de tres liñas: para o apoio ao pago do persoal dos Centros de Información á Muller (CIM), a execución de programas de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero e actividades de conciliación e corresponsabilidade.
Neste senso, a delegada informou que, concretamente, os concellos da Mancomunidade de Ordes recibiron desta orde case 368.000 euros. Esta entidade que engloba 7 municipios de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo, recibiu 120.000 para a contratación de 4 persoas para atender o seu Centro de Información á Muller e tamén recibiu máis de 15.400 euros do programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero. Nesta comarca tamén foron beneficiados polas axudas desta convocatoria os concellos de Frades, Oroso, Trazo, Mesía e Cerceda e Tordoia con máis de 232.000 euros para levar a cabo actividades de conciliación e corresponsabilidade.
CIM
Na súa visita a delegada lembrou que a liña de apoio á rede de CIM da provincia , conta con case 1,6 millóns de euros para financiar gastos de persoal de 73 traballadores, en 28 municipios da Coruña. Con isto, apóiase este servizo de atención integral información e asesoramento ás mulleres e ás persoas LGBTI na que traballan máis de 200 profesionais.
Unha das novidades deste ano é que se aumentou a contía máxima de axuda que pode recibir os concellos cando a solicitude é individual, pasando dos 45.000 euros a 52.000 euros deste ano. No caso dos concellos de xestión compartida, a axuda máxima é de 120.000 euros.
Igualdade
A liña de apoio para accións de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, recibiu na provincia máis de 100.000 euros para apoiar a 8 concellos. Neste caso, as axudas máximas son de 28.000 euros para concellos mancomunados e de 15.000 euros paras as que as desenvolva un só concello.
A Xunta adiantará aos concellos o 80% da contía dos apoios para que poidan desenvolver estes programas coa liquidez necesaria.
Plan Corresponsables
Xa por último, no que se refire á liña de conciliación e corresponsabilidade está financiada cos fondos do Plan Corresponsables. Desde a Xunta seguimos apoiando aos concellos e por iso “facilitaremos a xestión e a xustificación destes fondos a través de anticipado de gasto”.
Nestes sentido, os apoios do Plan Corresponsables na provincia da Coruña beneficiarán este ano a 66 concellos, cun investimento de máis de 2,2 millóns de euros para actividades de conciliación e de sensibilización en materia de corresponsabilidade.
Comments