top of page

61 veciños e veciñas de Fradesvisitaron Ribadeo e Foz

Actualizado: 13 jun 2025

Un total de 61 veciños e veciñas participaron nunha viaxe a

Ribadeo e Foz organizada polo Concello de Frades en colaboración con

Excursiones Miranda. Unha saída na que estiveron acompañados polos concelleiros

de Maiores, Jesús Francos Sánchez; e de Cultura, Juan Carlos Portos Bra.

A expedición partiu de Frades o pasado domingo, ás 8:00 da mañá, para

desprazarse ata a Mariña lucense, onde fixeron unha primeira parada na Illa

Pancha, onde visitaron os dous faros e desfrutaron das espectaculares vistas que

ofrecen. Acto seguido, fixeron un percorrido pola vila de Ribadeo, para despois

xantar no restaurante Yenka (Barreiros). Pola tarde, fixeron unha visita á vila de

Foz, antes de emprenderen o regreso a Frades.

Comentarios


bottom of page