top of page

A Deputación da Coruña aproba as bases do POS+2026, cun orzamento inicial de 88 millóns de euros

ree

A A Deputación da Coruña aprobou por unanimidade do pleno as bases do Plan Único (POS+) 2026, que arrinca cun orzamento inicial de 88 millóns de euros e consolida á institución como o motor inversor dos concellos da provincia.

O presidente, Valentín González Formoso, destacou que este modelo, recoñecido polos propios alcaldes e alcaldesas como imprescindible, garante que todos os municipios dispoñan de recursos suficientes para seguir financiando obras, servizos públicos e programas sociais. A aprobación dos fondos un mes antes de que remate o ano permite aos concellos planificar e programar os seus investimentos dende o 1 de xaneiro de 2026.

Formoso lembrou que o POS+2025 pecha o exercicio deste ano cun investimento total de 138 millóns de euros, “unha cifra histórica, que confirma o Plan Único como o principal motor inversor dos concellos da provincia”. “Unha gran parte das obras, dos servizos públicos municipais dos que goza a cidadanía e das políticas sociais dos nosos concellos contan co apoio económico do Plan Único”, afirmou.

O presidente subliñou que a Deputación “vai volver estar á altura”, iniciando 2026 cun orzamento inicial que se incrementa de novo con respecto ao do ano pasado.

Un plan que defende a autonomía local

Valentín González Formoso incidiu en que o Plan Único é xa “un sinal de identidade política desta Deputación”, baseado na confianza nos concellos e na defensa da autonomía municipal. “A mellor maneira de facer política útil é deixar que quen mellor coñece a realidade da súa veciñanza decida en que investir cada euro”, afirmou. Lembrou que este modelo, no que os concellos elixen libremente as súas prioridades, permitiu nestes dez anos de goberno de progreso mellorar infraestruturas básicas, modernizar servizos públicos e desenvolver proxectos estratéxicos en todos os puntos da provincia.

Máis servizos públicos, máis obra pública e máis protección social

O POS+2026 permitirá continuar avanzando en melloras de vías municipais, redes de abastecemento e saneamento de auga, iluminación eficiente, renovación de espazos urbanos e rurais e modernización de equipamentos culturais, deportivos ou sociais.

O plan reforza tamén os programas sociais municipais, que teñen un papel fundamental na atención ás persoas maiores, á infancia, ás familias con máis dificultades e aos colectivos máis vulnerables. “O Plan Único non é só obra pública; é cohesión social, é igualdade e é protección das persoas maís vulnerables”, sinalou Formoso, que subliñou que o POS Social- a liña do Plan Único destinada a financiar políticas sociais nos concellos- increméntase nun 14%% en 2026, pasando de 7 a 8 millóns de euros.

O maior plan municipal de Galicia

O POS+ volve ser o maior plan municipal das catro deputacións galegas, tanto en volume económico como en número de actuacións aprobadas. Formoso asegurou que “o compromiso da Deputación é claro: seguir aumentando a capacidade de investimento dos concellos e seguir apostando por este modelo que demostrou, ano tras ano, que funciona e que mellora a vida da xente”.

Desde a súa creación hai unha década, o Plan Único leva mobilizados 812 millóns de euros e financiado 4.643 obras nos 93 concellos coruñeses, converténdose na columna vertebral da cooperación local da institución,

Achgas aos concellos da Comarca de Ordes

Mesía

819.145,34

Frades

702.266,88

Ordes

1.483.889,46

Oroso

909.829,51

Tordoia

887.443,28

Trazo

806.047,59

Cerceda

895.559,33


Comentarios


bottom of page