top of page

A disposición do Xulgado de Ordes a persoa detida pola Garda Civil en relación á morte por arma de fogo en Mesía

Actualizado: 25 ago

ree

A Garda Civil informou do traslado ás dependencias do Xulgado de Ordes a unha persoa detida en relación a morte por arma de fogo o domingo pola tarde de Óscar Pallas Gómez, de 44 anos de idade, nunha vivenda unifamiliar en Visantoña, no municipio coruñés de Mesía. O falecido, veciño do lugar da Cruz, en Lesta, estaba casado e tiña unha filla. Traballaba recollendo residuos urbanos para a empresa Cerceda Sol e era o que manipulaba a varredora no núcleo de Ordes.



Comentarios


bottom of page