top of page

Andaina Pro Saúde Mental reuniu o 7 de setembro a máis de cen participantes nunha andaina polo seu XV aniversario

ree

O pasado domingo 7 de setembro, Andaina Pro Saúde Mental celebrou unha andaina

solidaria no marco do seu XV aniversario, unha iniciativa que reuniu a máis de cen persoas

comprometidas coa saúde mental. A xornada deu comezo con chuvia na saída dende

Sigüeiro, mais a chegada á Praza do Obradoiro estivo marcada polo sol, simbolizando a

forza colectiva e a visibilidade que este acto pretendeu dar á saúde mental.

A actividade contou con dúas rutas: unha primeira de aproximadamente 16 quilómetros,

con saída dende Sigüeiro, e unha segunda de arredor de 5 quilómetros, con inicio no

Polígono do Tambre, ambas finalizando na Praza do Obradoiro. O obxectivo principal foi

conmemorar quince anos de traxectoria da entidade e recadar apoios para continuar

mellorando a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental.

Andaina Pro Saúde Mental agradece especialmente a colaboración e implicación do Centro

Deportivo Agora Box 4 All e a imprenta Gráficas Esteiro, cuxo apoio foi fundamental para

facer posible a iniciativa.

A entidade lembra que esta andaina foi só unha das actividades previstas con motivo do

aniversario, e convida a toda a comunidade a participar no acto central de celebración, que

terá lugar o venres 10 de outubro ás 18:00 horas no Hotel Peregrino de Santiago de

Compostela. O evento, conducido por Pablo Meixe, contará coa presenza do doutor Ángel

Carracedo e coa actuación musical de Lucía Aldao. Ademais, incluirá sorteos, pinchos e


outras actividades que converterán a xornada nun encontro para festexar colectivamente

o camiño andado.

As persoas interesadas poden reservar os seus convites solidarios, cun prezo de 25 euros,

a través do correo comunicacion@andainapsm.org ou chamando ao teléfono 613 071 703.

Así mesmo, a entidade informa de que, para aquelas persoas que desexen colaborar, están

dispoñibles petos solidarios en diversos establecementos colaboradores no concello de

Ordes.

Comentarios


bottom of page