top of page

A Gala de Patinaxe do Concello de Frades reúne a un total de 120 nenas e nenos


O polideportivo municipal de Ponte Carreira acolleu a Gala de Patinaxe do Concello de Frades, na que tomaron parte un total de 120 nenas e nenos procedentes de seis escolas deportivas da contorna. Unha xornada de carácter lúdica e non competitiva na que as nenas e nenas puideron amosar os coñecementos adquiridos ao longo deste curso, tanto en grupo como de xeito individual.


Unhas actuacións nun polideportivo ateigado de público. De feito, en previsión de cubrir todo o graderío, o Concello de Frades dispuxera tamén outro cento de cadeiras nos laterais do polideportivo, que tamén foron cubertas nos primeiros minutos. E aínda así quedaron máis dun cento de persoas seguindo as actuacións a pé de pista ou dende as escaleiras de acceso.


O concelleiro de Deportes, Juan Carlos Portos Bra, foi o encargado de entregar cadansúa medalla a todas as patinadoras participantes, así como un pack con froita, auga e zumes para recuperaren forzas despois das súas actuacións. Os seis equipos participantes foron as escolas deportivas municipais dos Concellos de Frades, Mesía, Curtis, Cerceda e Abegondo, así como o CEIP Ría do Burgo de Culleredo. As súas mestras recibiron un ramo de flores de agasallo.

Comments


bottom of page