top of page

A XUNTA E O CONCELLO DE FRADES COLABORAN NA MELLORA DE INFRAESTRUTURAS RURAIS

ree

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión co alcalde do concello coruñés de Frades, Roberto Rey, para afondar na súa colaboración en temas como a mellora de infraestruturas rurais e de mobilización de terras.

 

Neste sentido, a directora xeral e o rexedor avaliaron as posibilidades de cooperación en proxectos que melloren a accesibilidade nos núcleos de poboación, así como as oportunidades que brinda o Banco de Terras á hora de facilitar fincas para usos agrícolas, gandeiros ou forestais.

Comentarios


bottom of page