top of page

Arranca a parcelaria de Castenda


A concentración parcelaria de Castenda botou a andar o pasado 14 de novembro coa Xunta de Titulares, unha reunión celebrada na Casa da Cultura de Tordoia na que os propietarios de parcelas beneficiados por esta reestruturación escolleron aos seus representantes na xunta local de zona. Unha vez validados os representantes veciñais, comezarase cos traballos de levantamento topográfico sobre o terreo, que se desenvolverán ao longo do 2025.

A parcelaria de Castenda prevé reorganizar unha superficie de 1.209 hectáreas divididas en 3.570 parcelas, propiedade de 510 veciños. Un proceso no que a Xunta de Galicia ten previsto investir algo máis de 3,6 millóns de euros para mellorar a estrutura territorial da zona e beneficiar tamén as 59 explotacións agropecuarias existentes.

Comments


bottom of page