top of page

Desarticulado un grupo criminal que roubara 10.000 € en Oroso

Unha investigación de máis de dous anos da Policía Xudicial de Navarra permitiu desarticular un grupo criminal especializado en furtos por distracción en entidades bancarias. Conformado por catro persoas (unha muller de 35 anos e tres homes entre 34 e 52 anos), o grupo fora responsable dun roubo por valor de 10.000 euros en Oroso, segundo confirma a Garda Civil. Cometeran delitos semellantes en varios puntos de España, como Madrid, Cantabria ou a Comunidade Valenciana.



O modus operandi deste grupo incluía o acceso á entidade bancaria e a vixilancia dos empregados. Despois, un deles acudía ao caixeiro e botaba billetes no chan. O que permanecía no interior avisaba aos empregados de que había billetes no chan no exterior, conseguindo que abandonasen os seus postos. Nese momento, roubaban diñeiro en efectivo do caixón da oficina.



Comentarios


bottom of page