top of page

Fina Suárez entra na nova directiva nacional do Partido Popular

Actualizado: 10 jul

ree

A presidenta local do PP de Trazo e alcaldesa, Fina Suárez, foi nomeada integrante da Xunta Directiva Nacional do Partido Popular tras o Congreso celebrado do 4 ao6 de xullo en Madrid.

Un nomeamento que se produce logo da reforma estatutaria impulsada por Alberto Núñez Feijóo, quen seleccionou persoalmente a Fina Suárez para representar aos pequenos municipios de España, recoñecendo así o papel fundamental do rural no conxunto do país.

A alcaldesa expresou o seu "orgullo, agradecemento e alegría" pola confianza depositada polo presidente nacional, asegurando que para ela é "unha honra representar aos concellos do rural, en especial ao rural galega, e tamén ás mulleres do rural" e agradece ao presidente porque "é un presidente que mirará moito polo rural, está preparado para traballar por todos os españois, sexan de donde sexan".

Desde o PP de Trazo consideran que este nomeamento é tamén unha oportunidade para exportar o modelo de xestión do rural galega, "un modelo de éxito baseado na proximidade, no sentidiño e na boa xestión dos recursos públicos, que demostra cada día que o rural tamén pode ser referente de estabilidade e progreso", afirman.

Con este novo paso, Fina Suárez culmina unha traxectoria política que comezou como concelleira no propio Concello de Trazo, foi elixida alcaldesa nas eleccións municipais de 2019 e reelexida en 2023 con maioría absoluta, acadando o apoio de case dous terzos dos veciños.

Desde o PP de Trazo felicitan á presidenta local por este "importante recoñecemento e destacar o orgullo que supón para todos nós que a voz do rural estea presente nos órganos de dirección do partido a nivel nacional", expresan nunha nota aos medios.

Comentarios


bottom of page