top of page

Formación para mulleres en Oroso



O Concello de Oroso acolle unha nova convocatoria de “#Digitalizadas”, un programa da Fundación Mujeres para aumentar as habilidades dixitais e as oportunidades de emprego. Trátase dunha oferta formativa en liña que consta de dous talleres de habilidades dixitais para o emprego e para o emprendemento. Ademais, a aula EducaOroso dá a posibilidade de realizalos na propia aula en datas concretas.


En Fundación Mujeres a través do proxecto “Digitalizadas”, apóstase por unha oferta formativa en liña que permita chegar a todas as mulleres e impulsar a súa influencia persoal e profesional na internet.


Hai programados seis talleres en liña gratuítos para a mellora das habilidades dixitais das mulleres en materia de emprego e en materia de emprendemento. A través da adquisición de diferentes competencias e coñecementos sobre os diferentes recursos que teñen á súa disposición en liña, poderán mellorar os seus obxectivos profesionais e empresariais.

Elaborar un cv, facer uso avanzado dos procesadores de texto ou coñecer como funcionan os portais de emprego dixitais son cuestións esenciais a coñecer no taller "Habilidades dixitais para o emprego".


Adquirir coñecementos básicos de Marketing e Identidade Dixital ou como crear e usar un blogue, son cuestións esenciais para emprendedoras a coñecer no taller "Habilidades dixitais para o emprendemento"


As prazas en cada un dos talleres son limitadas e están dirixidos a mulleres residentes en localidades do ámbito rural.


É posible realizar os talleres na aula de formación EducaOroso. O de

Habilidades dixitais para o emprego celebrarase o martes 20 e mércores 21 de xullo (de 9:30 a 11:30 horas). Pola súa banda, o de habilidades dixitais para o emprendemento será o martes 27 e mércores 28 de xullo (de 9:30 a 11:30 horas).


Pódese obter máis información na Aula Mentor EducaOroso, ubicada na rúa do Deporte, nº 7 – Sigüeiro (15888 – Oroso), no correo: educaoroso@oroso.gal ou no teléfono: 981973927.

Comments


bottom of page