top of page

Frades celebra esta fin de semana a súa I Festa Rural

Achégase a data da celebración da I Festa Rural de Frades, que terá lugar entre o sábado 17 e o domingo 18 de setembro na praza de Ponte Carreira. Haberá mercado de artesanía e exposición etnográfica, maxia, degustacións, Festival folclórico, xogos e actuacións músicais. O domingo celebrarase un xantar popular para o que se require a compra de entrada no Concello, na asociación de veciños Rexente, na asociación da terceira idade de Frades ou nos bares de Ponte Carreira.



O sábado 17 actuará o mago Román García ás 20h. Posteriormente, ás 21h, amenizará a verbena o Dúo Élite.


A Festa está organizada polo Concello en colaboración coa asociación de veciños "Rexente" de Ponte Carreira, a asociación da terceira idade de Frades, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.



bottom of page