top of page

Frades finaliza as obras de rehabilitación do muíño da Ponte Carballa


Imaxe actual do muíño
Imaxe actual do muíño

O Concello de Frades vén de rematar as obras de rehabilitación e posta en valor do muíño emprazado na área recreativa da Ponte Carballa, na parroquia de Abellá. Unha actuación que supuxo un investimento de case 17.500 euros, dos que 14.442 euros proceden dunha axuda da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

Esta actuación foi posible grazas a que o Concello de Frades resultou beneficiario dunha axuda da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, ao abeiro da ORDE do 17 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2024 e 2025 das axudas para estudos e inversións vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na rede Natura 2000 de Galicia, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia competitiva.

Comments


bottom of page