top of page

Frades vén de rematar a mellorade máis de sete quilómetros de estradas eaccesos a aldeas por case 370.000€

ree

“Acabamos de rematar unha ducia de actuacións polas distintas parroquias nas que melloramos máis de sete quilómetros de pistas e accesos a núcleos de poboación, dos que 3,6 quilómetros foron aglomerados”, explica o alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, quen indica que “seguiremos apostando polo tratamento con aglomerado en todas as parroquias, como demostra o feito de que oito dos dez quilómetros de melloras que imos facer no segundo semestre do ano tamén serán en aglomerado”. Deste xeito, Frades rematará este ano 2025 co arranxo de 21 quilómetros da rede viaria municipal, dos que 11 serán en aglomerado.

 

A actuación máis importante, tanto polo seu orzamento como pola superficie de actuación, foi o aglomerado do viario de Papucín, de 2.840 metros de longo por 5,5 metros de ancho. Unha obra na que o Concello de Frades investiu máis de 100.000 euros. As outras actuacións en camiños suman outros 100.000 euros e inclúen melloras nunhas pistas en Papucín e Tarrío (Papucín) e O Ar (Mesos e Abellá).

 

O outro eixo importante destes investimentos xirou en torno ao acondicionamento e mellora dos accesos aos distintos núcleos de poboación, nos que se pavimentaron un total de 3.870 metros de viarios. Por unha banda, aglomeráronse os accesos a Chamuín (Abellá) e Castiñeiro Redondo (Moar). Por outra, melloráronse os accesos a Ribadas (Ledoira), A Grela (Galegos), Ansemonde (Abellá), Tarrentos (Añá), Maquía (Papucín) e Vilarxoán (Vitre). Esta última tamén foi unha das obras máis destacadas deste primeiro semestre, pois mellorou a capa de rodaxe dunha pista de acceso de máis dun quilómetro de lonxitude.

コメント


bottom of page