II Convidada de Trazo e a IV Tordoia Viva este fin de semana
- Crónicas da comarca
- 11 jul
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 12 ago

A II Convidada, enmarcada no proxecto Nantronte, encherá de música, artesanía e xogos populares o campo de Santa Eufemia de Vilouchada. O catálogo de mostras e artesáns inclúe o obradoiro de percusión tradicional Sanín, o ebanista Ammigo, o cesteiro José Viqueira, a ceramista Juana Fernández, así como as asociacións Mulleres de Insua, Mulleres de Trazo e Ondas do Mar, co seu encaixe de Camariñas.
A música dará comezo ás 18:00 horas con Néboas no Cumio; media hora máis tarde actuará Faiscas da Pontragra; ás 19:00 horas será a quenda de Xentiña de Trazo e os Xeitosos de Trazo; e ás 20:00 chegará o concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre.
A xornada completarase cunha ampla oferta de xogos populares.
Pola súa parte, Tordoia acollerá a celebración da cuarta edición de Tordoia Viva, un evento enmarcado no proxecto Terra Activa, financiado por Turismo de Galicia a través do xeodestino Terras de Ordes.
A festa campestre iniciarase ás 09:00 horas coa xuntanza de cans de caza na explanada da Rega. Ás 11:30 horas haberá unha exhibición de baile en liña, na que participará a veciñanza de Tordoia, Trazo e Cerceda.
A recepción aos campións de liga infantil do E.D. O Dolmen, ás 12:30 horas, servirá de antesala á sesión vermú, que estará amenizada coa música de Mar Dávila.
Pola tarde, a partir das 19:30 horas, será a quenda dos concertos de Mercedes Peón e Roi Casal.




Comentarios