top of page

Jorge Puig Malvar e Uxía Pérez Bugarín gañan a IX Carreira Pedestre Popular Concello de Frades, na que participaron 660 atletas


Os atletas Jorge Puig Malvar e Uxía Pérez Bugarín (Atletismo Feminino Celta) foron os gañadores da novena edición da Carreira Pedestre Popular do Concello de Frades, celebrada esta mañá na contorna de Ponte Carreira e que rexistrou a maior participación da súa historia: 660 atletas, 90 máis ca na edición de 2023 (que con 570 marcara o anterior récord). Bocelo e Mosquera toman así o relevo de Pablo Bocelo Bellas e Sandra Mosquera Losada, gañadores da anterior edición e que non participaron este ano.

 

O tempo acompañou e, a pesar das predicións de choiva, esta só apareceu durante a entrega de trofeos, o que permitiu que todas as probas se desenvolveran con normalidade e que os tempos dos gañadores foran semellantes aos de edicións anteriores, é dicir, máis dun minuto menos que na edición de 2023, caracterizada polo sol e por un ritmo de carreira moito máis lento do habitual.

 

bottom of page