Mateo Rosende Reboredo proclamouse subcampión de España benxamín de Pitch and Putt 2025
- Crónicas da comarca
- 12 ago 2025
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 14 ago 2025

Mateo Rosende Reboredo, veciño de Deixebre, proclamouse o pasado venres, 8 de agosto, Subcampión de España Benxamín na modalidade de golf Pitch & Putt 2025.
O campionato de España celebrado en Barbanza Golf, disputouse en dúas xornadas, nas que Mateo demostrou unha grande solidez. Na primeira delas fixo 55 golpes, e na segunda 54, sumando un total de 109; quedando a só dous golpes do campión absoluto, o andaluz, Gonzalo Bernal Suárez.
Mateo Rosende, alumno da Escola Tambre Golf & Croquet, dirixida nos últimos anos por Álvaro Cañas, destacou en diferentes competicións a nivel galego, e este ano 2025 mesmo logrou clasificarse para o Campionato de España de Golf celebrado en Cádiz, acadando un moi bo resultado.




Comentarios