top of page

Medio cento de veciños e veciñas deFrades participan en dúas charlas gratuítassobre enfermidades reumáticas

O local social de Abellá e o centro sociocomunitario de Ponte

Carreira acolleron as dúas últimas sesións das “Xornadas gratuítas sobre a saúde”,

unha iniciativa posta en marcha polo Concello de Frades no verán de 2025 e que

están sendo un éxito de participación veciñal. “Estamos moi satisfeitos coa boa

acollida que están a ter este tipo de xornadas pois serven para resolver moitas

dúbidas e darlle visibilidade as enfermidades, polo que a nosa intención é retomar o

programa no mes de setembro”, adianta o concelleiro de Sanidade, Manuel

Ferreiro.

As charlas sobre enfermidades reumáticas reuniron a máis de medio cento de

veciños no centro sociocomunitario de Ponte Carreira e no local social de Abellá.

Unhas charlas impartidas pola doutora María Abalo, que ofreceu varios consellos

preventivos e respondeu a todas as dúbidas planteadas polas persoas asistentes.

Unhas charlas ás que asistiron os concelleiros de Sanidade, Manuel Ferreiro, e

Benestar Social, Ángeles Vázquez.

Comments


bottom of page