A XVII Festa da Merenda de Aiazo (Frades) foi unha das máis concorridas da historia desta celebración, que comezou hai dezasete anos como unha homenaxe a un produto dos tempos da fame e que se ten convertido nunha das festas que máis mocidade reúne en toda a comarca. O domingo, 24 de marzo, milleiros de persoas ateigaron dende o mediodía a área recreativa de Aiaza onde, a pesar do amplo espazo para aparcar e da boa organización por parte da asociación de veciños Os Pasos, as colas foron as protagonistas tanto das primeiras horas da festa como momentos antes da verbena coa orquestra París de Noia, fiel á Merenda de Aiazo como en edicións anteriores.
O que comezou sendo unha festa nocturna dunha parroquia e dirixida a persoas de
mediana e avanzada idade, converteuse nos últimos anos nunha festa de todo o día dirixida a mozos e mozas. De feito, os grupos de amigos chegados de distintos concellos da comarca e de fóra dela (Santiago, Arzúa, Melide, Betanzos...) desfrutaron da música da orquestra París de Noia, do Grupo Unión y Fuerza e da Charanga BB+.
Comments