top of page

O PPdeG solicita ao Goberno central o arranxo urxente da estrada N-550 entre A Coruña e Santiago


Ass deputadas do PP, Carmen Pumar e Cacilia Vázquez
Ass deputadas do PP, Carmen Pumar e Cacilia Vázquez

As deputadas do Grupo Popular Carmen Pomar e Cecilia

Vázquez anunciaron a presentación dunha iniciativa no Parlamento de Galicia

solicitando ao Goberno central o arranxo urxente da estrada N-550 entre A Coruña e

Santiago, “un exemplo evidente dunha vía extremadamente perigosa, tanto para os

condutores como para os peóns, polo pésimo estado do firme, a sinalización e a

iluminación”.

Carmen Pomar e Cecilia Vázquez percorreron diversos tramos desta estrada

nacional acompañadas dos alcaldes de Ordes, José Luís Martínez, e de Oroso, Álex

Doval, para comprobar “as condicións deplorables nas que se atopa, cun asfalto moi

deteriorado que precisa dunha intervención integral urxente, tanto para a seguridade

como para a comodidade dos usuarios”.

DESPREZO DO GOBERNO CENTRAL

Así mesmo, as deputadas populares comprobaron como “a sinalización e a

iluminación desta estrada, tanto horizontal como vertical, é deficiente en moitos

puntos, o que incrementa a sensación de inseguridade para os condutores e incluso

para os peóns que cruzan esta estrada nas numerosas poboacións polas que pasa”.

“Os galegos xa sufrimos o desprezo e o castigo do Goberno de Pedro Sánchez co

aprazamento sine die da transferencia da AP-9 a Galicia e as maiores peaxes de

España nesta autoestrada, pero non podemos consentir que tamén teñamos que

sufrir a penitencia dunha N-550 que se atopa nunhas condicións deplorables,

poñendo en serio risco aos que circulamos habitualmente por esta estrada e tamén

aos veciños que viven nos seus arredores”, sinalaron.

Comentarios


bottom of page