O pasado venres, Oroso celebrou un concorrido Festival Deportivo con múltiplas actividades. Houbo exhibicións do Club Patín Oroso e tamén do Torneo fin de curso do Club Xadrez Oroso.
Por parte do Concello, participaron o alcalde, Álex Doval, o concelleiro de Deportes, Carlos Fernandez Barreiro, e mais a concelleira de Cultura, María Requejo Guillén.
O club de patinaxe recadou fondos durante a gala para Aga-Ucraína, e o Club Xadrez Oroso difundiu na rúa este xogo.
Comments