“Pausa” de Hilario Rodeiro, un dos proxectos seleccionados por Artistas en Ruta 2025 de AIE.
- Crónicas da comarca
- 29 sept
- 1 Min. de lectura

O 25 de outubro actúan na Casa das Crechas, en Santiago.
Pausa é un alegato á calma interior, ao silencio. Inspirado no jazz europeo de Bobo Stenson ou Mats Eilertsen, Hilario Rodeiro combina a música tradicional e o jazz contemporáneo ”como se se tratase dunha conversa entre o pasado e o presente” (All About Jazz).
O seu álbum publicouse en xuño de 2024 e recolle unha obra enmarcada completamente na reflexión sobre o tempo e os momentos, «un dos discos máis introspectivos, fascinantes e misteriosos de 2024» (Más Jazz Digital).
Aie seleccionou este proxecto para promover a súa movilidade pola península dentro do seu celebrado ciclo Artistas En Ruta, no segundo semestre de 2025.
Rodeiro é un músico de Ordes (1981) que reside dende hai 20 anos nos arredores de Donostia-San Sebastián, Gipuzkoa. Colaborador de artistas como Deborah Carter, Gordon Lee, Ilja Reijngoud ou Bob Sands este baterista, productor e compositor extendeu as súas composicions tamén ao mundo da danza contemporánea en pezas como Luz Negra ou Elektrical Body (Dinamo Danza).
Nesta xira acompañaráno: Juan de Diego, trompeta; Mikel Andueza, saxo alto; Julen Izarra, saxo tenor e soprano e Kike Arza, contrabaixo.




Comentarios