Na tarde do domingo 26 houbo un lume na capela de Santa Eufemia, que foi apagado pola rápida intervención dos veciños e veciñas do lugar. Testemuñas do acontecido sinalan que a xente que estaba nun bar próximo comezou a cheirarlle moito a cera e saíron ver que era, e se atoparon con parte da capela ardendo. Por sorte, aínda era un lume pequeno e puideron apagalo eles mesmos.
Ao pouco chegaron ata a capela efectivos de Protección Civil de Val do Dubra, pero xa estaba todo apagado e normalizado.
Comments