Mentres o mundo do fútbol segue a debater entre Messi ou Cristina, o GOAT do tenis de mesa está cada día máis claro que vive en Oroso e se chama Sasha Malov. A súa última saída polos WTT Youth Contender de sudamérica saldáronse con catro medallas de ouro e dúas pratas nos torneos desputados en Ecuador, Colombia e Paraguai. Dito doutro xeito, Malov colleita distincións a pares aló onde vai, pois compite na súa categoría (Sub13) e tamén cos maiores (Sub15). Comezou gañando os dous ouros en liza en Ecuador, repetindo ouro na súa categoría en Colombia e prata en Sub15, finalizando con outro ouro (Sub15) e outra prata en Paraguai.
top of page
bottom of page
댓글