top of page

Un conductor que circulou en sentido contrario pola AP-9, dou positivo en alcol e cocaína



A Agrupación de Tráfico da Garda Civil da Coruña investigou ao condutor dun vehículo que circulou pola autoestrada AP-9, 25 quilómetros en sentido contrario, resultando positivo en alcolemia e con presenza de drogas no organismo.

Os feitos sucederon cando o condutor que realizaba un traxecto sentido Tui ao chegar á peaxe de saída de Ordenes, atopouse sen diñeiro para pagar o tramo. Tras uns instantes de parada, realizou un cambio de sentido e circulou desde ese punto ata o quilómetro 16 da mesma autoestrada en dirección A Coruña, polos carrís destinados ao tráfico sentido Tui.

Na peaxe de “ Macenda” detivo de novo a marcha e o propio condutor mediante chamada telefónica ao 112, solicitou a presenza dunha patrulla de tráfico para someterse ás probas de alcoholemia.

As cámaras do centro de control da autoestrada puideron localizar ao infractor e o seu percorrido, activando o Subsector de Tráfico da Coruña o protocolo para o efecto.

O conductor dou 0,63 e 0,58 na proba de alcolemia e positivo na prova de cocaína, a falta de confirmación en laboratorio.

A persoa foi acusada dun delito contra a seguridade vial enfrontándose a unha pena máxima de dous anos de prisión.

Comments


bottom of page