Éxito do Club Billar Ordes no Campionato Galego
- Crónicas da comarca
- 15 sept 2022
- 1 Min. de lectura

O Club de Billar Ordes tomou parte no XXX Campionato Galego de Billar, celebrado no pabillón do IES Rodeira de Cangas do Morrazo as 2 últimas fins de semana. Foi unha grande demostración de canteira e futuro para o club, ao obteren dous dos seus membros moi bos resultados. Xián Becerra Suárez acadou o Campionato Xuvenil, mentres o seu irmán Adrián Becerra Suárez conseguía o terceiro posto final.

Tamén houbo premio para os integrantes do "Barrica Pool", Juan Carlos Becerra, Iván Martínez, Carol Zabala e Carlos Dubra, que acadaron o Campionato de Liga Galega Local e para o "La Bola Los Vándalos", formado por Miguel Boedo, Julio Vázquez e David Caamaño que tamén saíron campións na 4ª categoría por equipos (ambas formacións englóbanse dentro do Club de Billar Ordes).

Dende o club salientan que "indudablemente foi un gran ano para o Clube e Billar Ordes, que consigue voltar de Cangas con 2 campionatos e un podio, e sobre todo con moitas ganas de afrontar a seguinte temporada, onde esperamos non só manter o nivel, senon melloralo tanto más competicións provinciais, como autonómicas e ademáis buscando tamén resultados a nivel nacional".
Comments