'2Pilgrims': o teatro abre o Outono Cultural de Oroso
- Crónicas da comarca
- 28 sept 2021
- 1 Min. de lectura

O Concello de Oroso presenta unha nova edición do “Outono Cultural” cun amplo programa de actividades dirixidas a todas as idades que se estenderá dende o próximo 1 de outubro ata o vindeiro 27 de novembro. A programación iniciarase este venres 1 de outubro coa obra de teatro '2PILGRIMS', a cargo da compañía REDRUM. Será no Centro Cultural ás 21:00 e diríxese a un público maior de 15 anos.
A obra está protagonizada por Sheyla Fariña (Acacias 38) e Guillermo Carbajo (Pratos Combinados). Nesta representación, o Camiño de Santiago, a igualdade e as novas masculinidades serán os temas principais do proxecto 2Pilgrims, unha aventura cativadora que poderá catapultar as carreiras dos protagonistas á actualidade internacional.
Nesta ligazón está disponible o trailer da obra.
Todas as actividades precisan de reserva previa, xa que o aforo é limitado, no teléfono 981690903. Durante a celebración do “Outono Cultural” seguiranse en todo momento os protocolos COVID-19 marcados polas autoridades sanitarias.
Comments