top of page

BELÉN DO CAMPO VISITA FRADES PARA SUPERVISAR AS OBRAS DE RECUPERACIÓN DO AZUDE DO RÍO TAMBRE

ree

A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada pola directora territorial da Consellería de Medio Ambiente, Pilar Arias e polo alcalde de Frades, Roberto Rey, visitou o Concello de Frades para supervisar as obras recentemente finalizadas de recuperación do azude do río Tambre, na área recreativa da Presa. A actuación foi posible grazas a un convenio de colaboración polo que a Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, destinou preto de 50.000 euros á mellora deste elemento hidráulico tradicional e da súa contorna fluvial.

Ao abeiro deste acordo, Augas de Galicia asumiu o financiamento da intervención, que

permitiu restaurar un tramo de 15 metros do azude, construído a partir de bloques de pedra granítica de entre 400 e 800 quilos. Este azude, ademais de dar servizo no seu día a unha antiga central hidroeléctrica situada no concello do Pino, crea unha zona idónea para o baño, orixe dunha das primeiras praias fluviais do municipio de Frades.

Durante a visita, Belén do Campo salientou que esta obra permitiu devolver ao espazo “todo o seu valor ambiental e funcional”, favorecendo ao mesmo tempo un uso responsable e seguro dun entorno fluvial moi frecuentado pola veciñanza e por visitantes para actividades de lecer.

A actuación enmárcase na Estratexia para a posta en valor das contornas fluviais, impulsada pola Xunta, que busca recuperar e mellorar elementos construtivos tradicionais

e funcionais presentes nos ríos galegos —como represas, pontes peonís ou pasarelas—

que forman parte do patrimonio hidráulico e do legado histórico-etnográfico dos concellos.

O convenio tivo como obxectivo executar e incorporar ao patrimonio público municipal as

obras recollidas no proxecto de reconstrución do azude na área recreativa da Presa, así

como garantir a súa conservación e mantemento. No marco deste acordo Augas de Galicia

comprometeuse a ofrecer apoio técnico e asesoramento na execución das actuacións,

ademais de asumir as obrigas económicas derivadas do convenio e o Concello de Frades

encargouse da execución das obras necesarias para levar a cabo o proxecto.

Comentarios


bottom of page