
O conselleiro do Medio Rural, José González, recibiu o “Premio Azor” concedido pola Brigada Galicia VII da Brilat á Consellería polos labores de prevención e defensa do territorio. O acto celebrouse esta mañá no Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón).
O conselleiro agradeceu este galardón expresando que se trata dunha honra para toda a Consellería, pero máis se cabe en consideración das misións encomendadas á Brilat. "A loita contra os incendios forestais é un labor de todos na que a colaboración é imprescindible", sinalou José González, para quen "se trata dun premio de todos os galegos e galegas".
O conselleiro destacou a importancia de estar preparados, tanto en medios materiais como en recursos humanos.
Premio Azor
O premio Azor é unha distinción que a Brigada Galicia VII da Brilat outorga cada ano -desde o 2016- a unha entidade, organismo ou institución que se distinguira pola súa vinculación á brigada ao contribuír a mellorar o seu prestixio e imaxe, ou por proporcionar o seu apoio desinteresado para facilitar á unidade o cumprimento dos seus fins.
Comments