A Casa Grande de Xanceda pisa forte en Tiktok polo 8 de marzo
- Crónicas da comarca
- 7 mar 2022
- 1 Min. de lectura

A Casa Grande de Xanceda volve amosar o seu apoio ás mulleres no 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Dende a granxa ecolóxica de Mesía, aproveitarase a data para "visibilizar que as mulleres do rural pisamos forte". Por iso, as mulleres dos departamentos de toda a granza, calzando botas de goma lilas como reivindicación do traballo agrogandeiro e da igualdade, levan a cabo un paso de baile en tiktok. Fano, sinalan, "para chegar á mocidade e poder concienciar tamén, deste xeito, ás xeracións máis novas".
コメント