A Casa Grande de Xanceda xunta 200 mulleres para reclamar igualdade polo 8 de marzo
- Crónicas da comarca
- 7 mar 2023
- 1 Min. de lectura

A Casa Grande de Xanceda, a granxa ecolóxica situada en Mesía, celebrou o próximo Día da Muller, 8 de marzo, cunha orixinal acción que congregou a preto de 200 mulleres de varias xeracións. Nais, avoas, amigas, tías, sobriñas, fillas, chegadas desde o rural e a cidade, uníronse para facer un gran símbolo da muller desde un dos pastos ecolóxicos da granxa.

As visitantes chegaron ataviadas de violeta e todas levaban un pano que dicía “Mulleres do rural e a cidade, unidas pola igualdade”. A granxa ecolóxica abriu esta visita especial na que, ademais da creación do símbolo, fixeron un percorrido con degustación de produtos.
Este ano 2023, Casa Grande de Xanceda gañou o Premio Aresa de Desenvolvemento Rural. Un dos puntos que o xurado resaltou foi a feminización do equipo da firma: un 62% do persoal, con moitas destas mulleres en postos de responsabilidade: marketing, calidade, produción ou administración.

As granxa quixo facer esta acción aberta a esas 200 mulleres para expandir a súa filosofía de que a igualdade é “fundamental” para o avance social. As visitantes chegaron ataviadas de violeta e todas levaban un pano que dicía “Mulleres do rural e a cidade, unidas pola igualdade”. A granxa ecolóxica abriu esta visita especial na que, ademais da creación do símbolo, fixeron un percorrido con degustación de produtos.




Comentarios